miércoles, 13 de diciembre de 2017

OS MELLORES LECTORES DO MES DE OUTUBRO

A continuación vos presentamos aos nenos e nenas premiados como mellores lectores e lectoras do mes de outubro.

INFANTIL- AROA BARREIRO ÁLVAREZ


1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
 A biblioteca do cole

2. Cales son os teus contos favoritos?
¿A que sabe a Lúa?

3. Que tipo de contos che gustan?
Os de animais.

4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
" O mostro Rosa".

5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas.

6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No de Carapuchiña vermella porque leva roupa vermella e é a miña cor favorita.

7. Gustaríache ser escritora?
Si.

8. Algunha vez escribiches un conto?
Non.

9. Quen che contaba contos cando eras pequeno?
Algunhas veces miña nai e as veces o meu pai.

1º PRIMARIA B- MARTÍN ALMEIDA CHAVES



1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
A biblioteca, pero tamén me gusta ler no trasteiro  porque teño libros alí.

2. Cales son os teus contos favoritos?
Rapunzel, Carapuchiña Vermella e Os tres porquiños.

3. Que tipo de contos che gustan?
Os de risa porque son moi graciosos.

4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Bob Esponja porque é gracioso. Gústanme os seus libros. Xa levei tres.

 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Vou pasando as páxinas e o meu cerebro xa se lembra.

 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
En Rapunzel porque ela é guapa. Eu sería o príncipe.

7. Gustaríache ser escritor?
 Si, porque así aprendes a ler e podes contarlle contos a todos.

8. Algunha vez escribiches un conto?
Aínda non escribín ningún, pero se o fago será de animais.

9. Quen che contaba contos cando eras pequeno?
Meu pai e miña nai

10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome en que teña letra non moi pequena para velos mellor.

11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Sentinme ben, alegre.

 DE PRIMARIA- NIKOL YULIYANOVA


1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na miña habitación porque alí estou máis tranquila e ninguén me interrompe.

2. Cales son os teus contos favoritos?
O meu libro preferido é “ O corvo Roque” porque é divertido e gracioso.

3. Que tipo de contos che gustan?
Os de princesas e os de aventuras.

4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
O porco que fai a casa de palla no conto dos Tres Porquiños.

 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Dobro unha esquina e así cando abro o libro xa me aparece a páxina.

 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No de “Cincenta” porque é divertido e trae moitas aventuras.

7. Gustaríache ser escritor?
 Si, claro.

8. Algunha vez escribiches un conto?
Escribo contos moi a miúdo. Son contos de noventa ou setenta palabras sobre animais ou historias de princesas.

9. Quen che contaba contos cando eras pequeno?
O meu pai. 

10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome en que teña letra non moi pequena para velos mellor.

11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Moi contenta porque é a primeira vez que o son e faime moita ilusión.

 DE PRIMARIA- JOEL PIÑEIRO SANTIAGO


1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na miña casa, pero tamén me gusta ler na biblioteca do colexio.

2. Cales son os teus contos favoritos?
Os de Gerónimo Stilton. 

3. Que tipo de contos che gustan?
Encántanme os contos de risa.

4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Mortadelo dos cómic de Mortadelo e Filemón.

 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas. 

 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
Nalgún cómic de Mortadelo e Filemón. Sería todo un soño!

7. Gustaríache ser escritor?
 Non, non me gustaría.

8. Algunha vez escribiches un conto?
Tampouco escribín un conto, prefiro ler.

9. Quen che contaba contos cando eras pequeno?
A miña nai.

10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome nas portadas.

11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Moi contento.

viernes, 1 de diciembre de 2017

25 de novembro

Como ben sabedes, o 25 de novembro é un día para visualizar a loita contra o maltrato de xénero, e aínda que loitemos todos os días contra esta lacra social, durante estes días estamos a reflexionar sobre isto no colexio.

O equipo da biblioteca escolar, quere compartir con todos vós, unha serie de recursos cos que podedes traballar na aula.






jueves, 30 de noviembre de 2017

CONTACONTOS EN NOVEMBRO



No mes de novembro os nenos de 5 anos asistiron a un contacontos   da man do mestre e escritor Chemas Heras. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos xa están ansiosos...serán os seguintes?








martes, 31 de octubre de 2017

RECURSOS PARA O SAMAÍN

FESTEXAMOS O SAMAÍN!

Para celebrar este acontecemento, a biblio de Pitican abriu as súas portas para realizar sesións de lectura ás escuras. 






























domingo, 22 de octubre de 2017

DONTEST DA PROFE ANA

A profe Ana, cordinadora da biblio de Piticán, respostou ás preguntas do noso dontest. Curiosiños e curiosiñas aquí tedes a entrevista!




  Lembras quen te ensinou a ler?
Si, claro que me lembro. Foi a miña mestra en 5 anos. Chamábase Inma e creo que me fixen mestra por ela.

Cal foi o primeiro libro que liches?
Diso si que non me acordo porque era moi pequena, pero probablemente algún clásico de Disney, como a Cincenta, que me encantaba.

 Cal é o teu libro favorito?
Que pregunta máis difícil!!! Son moitos!!!
Se teño que escoller un, creo que sería La casa de los espíritus de Isabel Allende, que lin en castelán cando era adolescente. O meu padriño tiña unha edición moi antiga dese libro. Na portada había un debuxo, onde se vía unha rapaza cunha longa melena de cor verde. Chamoume moito a atención, lino e encantoume.

  Cal foi o último libro que liches?
En la oscuridad de Antonio Pampliega e, agora mesmo, estou lendo El misterio de las cabras y las ovejas de Joanna Cannon. Son dous libros moi diferentes.

 Prefires libros físicos ou e-books? Por que?
Prefiro os libros físicos porque me encanta como cheiran os libros novos, o tacto das páxinas, o feito de entrar na libraría e escoller ese que vou levar para a casa... Inda que recoñezo que o e-book é máis práctico, por exemplo, para levalo no bolso.

Cantas horas les á semana?
Non sabería dicir. Depende da época. Nas vacacións leo moitísimas horas á semana por entretemento e durante o curso leo menos horas por entretemento e máis por traballo.

  Que é un libro para ti?
Para min é unha maneira de distraerme, de relaxarme, de formarme, de reflexionar; algo máxico, que se non existise habería que inventar.

 Para rematar, un lugar e un momento para ler?
Leo en todas partes e a todas horas, non o podo evitar ja,ja,ja.




VENRES DE CONTOS

Como cada venres, os nenos e nenas do CPI Julia Becerra Malvar asisten a biblioteca de Piticán para desfrutar dun contacontos da man de Chema Heras. Desta vez, foron os nenos e nenas de 1º A. Velaquí algunhas fotos da sesión.