miércoles, 30 de marzo de 2016

Semana da Prensa.


Este mes conmemoramos a Semana da Prensa. 

Ademais de dispoñer de xornais variados (locais, nacionais, de deportes, internacionais, de finanzas...) para traballar nas aulas, no C.P.I. Julia Becerra Malvar propuxémonos lanzar un novo reto ao alumnado:
 
Na Biblioteca de Piticán propuxémonos atopar a noticia máis orixinal!!!

Esta noticia podía ser inventada ou real.



Foron moitas as noticias que se presentaron e de cursos moi diferentes. Todas foron moi orixinais, axustándose á idade dos seus autores.

Estas son soamente unha pequena mostra.



Parabéns a tod@s @s xornalistas!!!

viernes, 18 de marzo de 2016

OBRADOIROS DE POESÍA.


DURANTE ESTES DÍAS, XA SE CELEBRARON ALGÚNS DOS OBRADOIROS DE POESÍA, QUE DIRIXE O MESTRE HERMINIO FRANCISCO...MESTRE PORQUE DÁ CLASE NO CENTRO, PERO TAMÉN PORQUE SABE MOITO DE POESÍA.




DESPOIS DESTES OBRADOIROS, O ALUMNADO VAI COMPOÑER A SÚA PROPIA POESÍA, POÑENDO EN PRÁCTICA O QUE APRENDAN CON HERMINIO.

AQUÍ HAI BOA MATERIA PRIMA!!!

viernes, 4 de marzo de 2016

Lectora do mes de febreiro.


Xeila Martínez Gigirey, da clase de 1º de Primaria C, é a lectora do mes de febreiro.

Moitos parabéns, Xeila!!!




Piticán: - Como te sentiches ao saber que es a lectora do mes?
Xeila: - Contenta por ser a que máis libros leu.

Piticán: - Sabes que leches 5 libros neste mes?
Xeila: - Oh, eses son moitos!

Piticán: - A túa familia le tanto coma ti?
Xeila: - Non. Meu pai le xornais, pero miña nai non le nada.

Piticán: - Visitas a miúdo a biblioteca?
Xeila: - Si,, veño cos nenos da clase.

Piticán: - Que cousas fas cando vés á Biblioteca?
Xeila: - Leo contos e cólloos prestados.

Pitican: - Cal foi o último libro que leches?
Xeila: - Non me acordo. Creo que é dun porco.

Piticán: - E dos que leches durante este mes, cal foi o que máis che gustou?
Xeila: - Mis clásicos de siempre, de Ediciones Saldaña.

Piticán: - En que te fixas ao elixir os libros que levas emprestados?
Xeila: - No debuxo da portada.

Piticán: - Hai algún libro que che gustaría que tivesemos na biblioteca e que non haxa?
Xeila: - Non se me ocorre.

Piticán: - En que momento do día les?
Xeila: - Pola tarde e pola noite. Míroos eu soa e tamén os leo soa.

Piticán: - Cres que é importante ler?
Xeila: - Si porque se non les, non sabes o que hai que facer.

Piticán: - Que lle dirías aos que pasan de ler?
Xeila: - Diríalles que teñen que ler, para saber máis.

Piticán: - Ocórreseche algunha idea para facer que veñan máis á biblioteca?
Xeila: - Non se me ocorre.

Piticán: - Coñeces o blog do colexio?
Xeila: - Non, pero vouno mirar na casa.

Piticán: - Pois, moitas gracias por este rato e parabéns, Xeila.



Tamén foron grandes lectores neste mes:

Uxía Otero
Hajar Mouhine
Joel Bello
Sabela Martínez
Antía Lorenzo
Diego Couceiro
Rubén Muñiz
Amanda Varela

Fixéchedelo xenial!!!


miércoles, 2 de marzo de 2016

VIDEO-BOOKTRAILER OLIVER TWIST



Esta reseña é de Carla Rodiño, que fixo un gran traballo, para a materia de inglés de Ana Cruz Castro, profesora de Secundaria.

Parabéns!!!

LEMA DO MES DE MARZO.

MARTÍN OUTEDA, DA AULA DE 6º B, FOI QUEN ELABOROU O MELLOR LEMA DO MES DE MARZO.


" SE QUERES LER,
NA BIBLIO DE PITICÁN
TERALO QUE FACER".

PARABÉNS, MARTÍN!!!

BOOKTRAILER OLIVER TWIST






Sergio Santos e Nicolás Monteagudo realizaron esta reseña dun clásico da literatura de lingua inglesa.

Ana Cruz Castro foi a profesora de Secundaria que os apoiou nesta tarefa.

Parabéns!!!

martes, 1 de marzo de 2016

UN MARZO DE POESÍA.


ONTE REMATOU "UN FEBREIRO DE AMOR" E HOXE COMEZOU "UN MARZO DE POESÍA".

O PRÓXIMO DÍA 21 DE MARZO É O DÍA DA POESÍA.

 PERO NO CPI JULIA BECERRA MALVAR CREMOS QUE UN DÍA É POUCO TEMPO PARA ADICARLLE A ALGO TAN FERMOSO...MÁIS TENDO UN POETA ENTRE NÓS!!!

HEMINIO FRANCISCO, TITOR DE 5ºB, VAI REALIZAR AO LONGO DE TODO O MES, UNS OBRADOIROS DE POESÍA PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA E 1º DA ESO.

MOITAS GRACIAS POLO TEU TEMPO E ESFORZO, HERMINIO!!!