viernes, 29 de abril de 2016

Mochilas viaxeiras.


Regresaron á Biblioteca de Piticán as primeiras mochilas viaxeiras, que remataron as súas viaxes polas casas do noso alumnado.

Estes son algúns dos Cadernos Viaxeiros, que se compuxeron.





Queredes ver máis???

Pois, VISITADE A BIBLIOTECA DE PITICÁN!!!

lunes, 25 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO 2016




No CPI Julia Becerra Malvar conmemoramos o Día do Libro, con contos representados e/ou lidos por alumnado voluntario de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º, 2º e 3º da ESO.

Foi unha mañá moi entretida, na que triunfou a literatura.

Moitas gracias ao alumnado e ao profesorado, pero, sobre todo, aos voluntarios, polo seu esforzo: os nosos parabéns!!!!

sábado, 23 de abril de 2016

SAIMOS NA PRENSA!!!


ESTA MAÑÁ O NOSO ALUMNADO VOLVE ESTAR DE ACTUALIDADE.

NO XORNAL RECOÑECEN A SÚA LABOR COMA CONTACONTOS, ESCRITORES, ADAPTADORES, CREADORES DE ESCENARIOS... 

TODOS OS GRUPOS SE ESFORZARON MOITO, CUN GRAN RESULTADO.

PINCHADE AQUÍ, PARA VER A NOTICIA.

martes, 12 de abril de 2016

LEMA DO MES DE ABRIL



XA COÑECEMOS O LEMA ESCOLLIDO PARA ESTE MES DE ABRIL.

OS NOSOS PARABÉNS A TOMÁS CASTRO PIÑEIRO, DE 1º DA ESO "B"!!!


O SEU LEMA É PARA REFLEXIONAR:

" SE O QUE QUERES É APRENDER,
NA BIBLIOTECA O PODES FACER".

sábado, 9 de abril de 2016

REMATARON OS OBRADOIROS DE POESÍA.


HOXE SAIMOS NO FARO DE VIGO!!!!!

ONTE PECHAMOS OS NOSOS OBRADOIROS DE POESÍA, QUE DIRIXIU HERMINIO FRANCISCO PÉREZ, MESTRE DO CPI JULIA BECERRA MALVAR, AO LONGO DO MES DE MARZO.

PECHAMOS ESTE ÚLTIMO OBRADOIRO, COA ESPERANZA DE QUE O PRÓXIMO CURSO POIDA VOLVER CELEBRARSE, SE CADRA, AO LONGO DE TODO O CURSO E NON SOAMENTE  DURANTE UN MES.

PODEDES LER A NOTICIA PINCHANDO AQUÍ.

MOITAS GRACIAS POLO TEU ESFORZO, HERMINIO!!!

miércoles, 6 de abril de 2016

Lectora do mes de marzo.


Uxía Otero González, da aula de 6ºA, é a lectora do mes de marzo.

Parabéns!!!!



Piticán: - Como te sentiches ao saber que es a lectora do mes?
Uxía: - Púxenme contenta e impresioneime. Nunca antes me pasara e fíxome ilusión.

Piticán: - Sabes que leches 7 libros neste mes?
Uxía: - Non, non o sabía. Estou sorprendida porque pensei que eran menos.

Piticán: - A túa familia le tanto coma ti?
Uxía: - Non moito. Meu avó le cada día. Ás veces, le banda deseñada (cómic) e outras novelas do oeste. Miña nai ten unha estantería chea de libros, pero non os le. Deses libros lin un de María de Villota, pero non me gustou moito: deume algo de medo.

Piticán: - Visitas a miúdo a biblioteca?
Uxía: - Bueno, máis ou menos. Cando fai sol, prefiro ir ao recreo que á biblioteca. Cando chove e fai mal tempo, veño máis á biblioteca.

Piticán: - Que cousas fas cando vés á Biblioteca?
Uxía: - Xogo cos xogos de mesa; debuxo; axudo cos libros e cos préstamos...gústame moito facer os préstamos.

Pitican: - Cal foi o último libro que leches?
Uxía: - Un de cociña, que é da biblioteca, pero non recordo o título.

Piticán: - E dos que leches durante este mes, cal foi o que máis che gustou?
Uxía: - O de 100 brujerías para hacer una fiesta, porque había unha festa de pixamas e a min gústanme esas festas.

Piticán: - En que te fixas ao elixir os libros que levas emprestados?
Uxía: - En que traten de cousas que me gusta facer como cociñar, facer manualidades...

Piticán: - Hai algún libro que che gustaría que tivesemos na biblioteca e que non haxa?
Uxia: - Non se me ocorre ningún.

Piticán: - En que momento do día les?
Uxía: - Pola noite, antes de dormir.

Piticán: - Cres que é importante ler?
Uxía: - Si porque lendo melloras a lectura e non te trabas tanto.

Piticán: - Que lle dirías aos que pasan de ler?
Uxía: - Diríalles que empezasen a ler para non trabarse tanto.

Piticán: - Ocórreseche algunha idea para facer que veñan máis á biblioteca?
Uxía: - Diríalles que a biblioteca é moi tranquila, con persoas moi amables e, ademais, pásase ben nela.

Piticán: - Coñeces o blog do colexio?
Uxía: - Coñézoo e paréceme moi chulo.

Piticán: - Pois, moitas gracias por este rato e parabéns, Uxía.



Tamén foron grandes lectoras neste mes:

Atenea Vieites
Alba Villar
Adriana García
Elena Montaos
Alicia García
 Daniela Nina
Sabela González
Xeila Marin.

Un moi bo traballo de todas estas alumnas!!!