Hajar Mouhine, da aula 6º B, é a lectora do mes de abril.
Os nosos parabéns!!!
Piticán: - Como te sentiches ao saber que es a lectora do mes?
Hajar: -Emocionada, incrédula, pero, sobre todo, feliz.
Piticán: - Sabes que leches 8 libros neste mes?
Hajar: -Non o sabía, pero, parécenme poucos porque acostumo a ler máis, aínda que tamén leo libros que non son da biblioteca.
Piticán: - A túa familia le tanto coma ti?
Hajar: - Non, porque miña nai non coñece ben o idioma escrito e meu pai está algo enfermo e non lle apetece moito ler.
Piticán: - Visitas a miúdo a biblioteca?
Hajar:
-Si, case todos os días, aínda que, algunhas veces, apetéceme ir coas miñas amigas.
Piticán: - Que cousas fas cando vés á Biblioteca?
Hajar: -Se teño deberes, fágoos, pero se teño tempo, "pillo" algún libro.
Pitican: - Cal foi o último libro que leches?
Hajar: - Foi Diario de Niki 7. Gustoume moito.
Piticán: - E dos que leches durante este mes, cal foi o que máis che gustou?
Hajar: -Dónde esté mi corazón. É un libro moi emotivo, dramático e ten moito léxico. Iso gústame moito porque a min gustame escribir e os libros con moito léxico, enriquécenme para, despois, facer os meus relatos.
Piticán: - En que te fixas ao elixir os libros que levas emprestados?
Hajar: - A portada inflúeme moito porque me dá unha idea do tema que se trata no libro, da súa complexidade, de cantos capítulos ten...
Piticán: - Hai algún libro que che gustaría que tivesemos na biblioteca e que non haxa?
Hajar: - Estaría ben que houbese máis libros de fantasía.
Piticán: - En que momento do día les?
Hajar: - Ao rematar os deberes e as tarefas domésticas, encérrome na miña habitación e leo, así que leo, sobre todo, pola tarde.
Piticán: - Cres que é importante ler?
Hajar: - Si, porque ler fai que cultivemos a nosa imaxinación, o léxico, faite máis seguro e fomenta a empatía. Os libros axudan a que vexamos como se senten os personaxes. Se tes empatía, non vas facerlle dano aos demais porque, como di un amigo meu doutro colexio, non lle fagas a ninguén o que non queres que che fagan a ti.
Piticán: - Que lle dirías aos que pasan de ler?
Hajar: - Diríalles que se perden moito. Moitas persoas botan de menos ler, por causas físicas, por exemplo, pero quédalles o recordo dos libros que leron antes e que lle causaron impresión. Así que, cando es pequeno, é moi importante ler moito.
Piticán: - Ocórreseche algunha idea para facer que veñan máis á biblioteca?
Hajar: -Poderíase facer un obradoiro, con todo o cole, onde se leran contos, escribisen relatos, se fixese teatro...
Piticán: - Coñeces o blog do colexio?
Hajar: - Non o visito moito, pero, paréceme moi interesante.
Piticán: - Pois, moitas gracias por este rato e parabéns, Hajar.
Tamén foron grandes lectores neste mes:
María Galiñanes
Aarón Arenas
Mateo Vilas
Marco Ares
Santiago González
Leticia Baulo
Mario Rodríguez
Roberto Abal
Moitos parabéns a tod@s!!!