miércoles, 29 de junio de 2016

"England Travel Guide" ou unha guía de viaxe de Inglaterra.

Un gran traballo dos alumnos de 3º da ESO e da súa profesora Ana Cruz Castro. Parabéns pola vosa guía turística!!!

lunes, 20 de junio de 2016

Un Cadáver Exquisito


Os alumnos de 1º da ESO, xunto co seu profesor Fernando Viscasillas, compuxeron este relato máxico, no que cada alumno soamente coñecía a última palabra escrita por un dos seus compañeiros. Fixeron unha grande labor de composición escrita e, por suposto, plástica. Ademais, publicaron este traballo en forma de libro. Os nosos parabéns!!!

jueves, 9 de junio de 2016

Mesopotamia.

                                               
                               TRABALLO DE MESOPOTAMIA



O traballo está feito por: Raquel González,Adela Vilas e Andrea Rodiño de 6ºB.

Fixemos un traballo sobre Mesopotamia a idea suxeríunola a nosa profe, Loli. 


Aprendemos como vivían naqueles tempos, a súa escritura e os seus inventos como , por exemplo, a roda. 

O que máis nos sorprendeu foi o seu sistema sexaxesimal.  

A información buscámola na internet e en libros.

Tardamos unha fin de semana en facer este traballo.



lunes, 6 de junio de 2016

LEMA DO MES DE XUÑO.


PARABÉNS A MARCOS MEIS CHAVES, DE 1º DE PRIMARIA "B"!!!


O SEU LEMA FOI O ESCOLLIDO NESTE MES DE XUÑO!!!

QUEREDES COÑECER QUE LEMA INVENTOU MARCOS? POIS AÍ VAI:


"NA BIBLIOTECA TAMÉN PODES SOÑAR".


ASÍ POIS, TOD@S A SOÑAR!!!!

viernes, 3 de junio de 2016

LECTOR DO MES DE MAIO.



Miguel, da clase de 5 anos A, é o lector do mes de maio.

Moitos parabéns, Miguel!!!





Piticán: - Como te sentiches ao saber que es o lector do mes?
Miguel: - Sentinme orgulloso porque gústame moito ler. 

Piticán: - Sabes que leches 5 libros neste mes?
Miguel: - Ah, non o sabía! Pois, estou contento.

Piticán: - A túa familia le tanto coma ti?
Miguel: - Non.Lenme contos para durmir, pero, como quedo pronto durmido, non me entero de como acaban, aínda que xa os sei de memoria.

Piticán: - Visitas a miúdo a biblioteca?
Miguel: - Si. Veño coa profe e os nenos da miña clase.

Piticán: - Que cousas fas cando vés á Biblioteca?
Miguel: - Collo un conto para levar na mochila.

Pitican: - Cal foi o último libro que leches?
Miguel: - Non me acordo.

Piticán: - E dos que leches durante este mes, cal foi o que máis che gustou?
Miguel: - O de tirar da cadea do baño porque sae unha pranta carnívora.

Piticán: - En que te fixas ao elixir os libros que levas emprestados?
Miguel: - Mírolle as páxinas e os debuxos. Gústame que sexan de medo.

Piticán: - Hai algún libro que che gustaría que tivesemos na biblioteca e que non haxa?
Miguel: - Non se me ocorre.

Piticán: - En que momento do día les?
Miguel: - Pola tarde, míroos con papi e mami.

Piticán: - Cres que é importante ler?
Miguel: - Si porque así aprendemos a ler, a escribir e a facer volteretas polo aire. Aprendemos máis cousas como debuxar e sobre os animais.

Piticán: - Que lle dirías aos que pasan de ler?
Miguel: - Diríalles que lean para aprender máis.

Piticán: - Ocórreseche algunha idea para facer que veñan máis á biblioteca?
Miguel: - Non se me ocorre.

Piticán: - Coñeces o blog do colexio?
Miguel: - Agora si.

Piticán: - Pois, moitas gracias por este rato e parabéns, Miguel.