jueves, 24 de noviembre de 2016

Lector do mes de outubro.




Mario,  da clase de 3º B, é o lector do mes de outubro!

Parabéns!



Piticán:- Como te sentiches ao saber que eras o lector do mes? 

Mario:- Ben. Foi unha sorpresa moi grande.

Piticán:- Sabes cantos libros liches?

Mario:- Oito. Son un montón.

Piticán:- A túa familia le tanto coma ti?

Mario:- Non, soamente leo eu. Bueno, eles len un pouco no teléfono. Eu teño moitos libros e tamén leo moito na tablet. Descargo libros, pero meus pais non me deixan descargar.

Piticán:- Visitas a miúdo a biblioteca?

Mario:- Moito. Vou toda a semana.

Piticán:- Que cousas fas cando vés á biblioteca?

Mario:- Ler, levo libros emprestados. Tamén fago uso do ordenador e dos xogos de mesa, como as damas.

Piticán:- Cal foi o último libro que liches?

Mario:- Fío. Teño que devolvelo mañá, así xa podo levar outro.

Piticán:- E dos que liches durante este mes, cal foi o que máis che gustou?

Mario:- Fío, porque vai botándolle mocos a todos. É moi gracioso.

Piticán:- En que te fixas ao elixir os libros que levas emprestados?

Mario:- Na portada, pero tamén miro como son por dentro.  Ás veces, os de poucas letra; pero outras, os que teñen moita letra.

Piticán:- Hai algún libro/documento que che gustase que tivésemos na biblio e que non haxa?

Mario:- Sí, un libro de sons ao tocar, como o de Mickey Mouse.

Piticán:- En que momento do día les?

Mario:- Pola noite antes de durmir e se non polas tardes, antes do adestramento.

Piticán:- Cres que é importante ler?

Mario:- Ler é importante para saber idiomas. Se mercas un libro en alemán ou en portugués, aprendes máis.

Piticán:- Que lle dirías aos que pasan de ler?

Mario:- Que teñen que ler porque se non, non van saber idiomas e non descobren libros interesantes.

Piticán:- Ocórreseche algunha idea para facer que veñan máis a biblio?

Mario:- Ter libros máis interesantes como por exemplo:sobre astronautas, en portugués ou alemán. Tamén aumentar a biblio.

Piticán:- Coñeces o blog da biblio?

Mario:- Non vou buscalo.

Piticán: Home, agora que vas saír ti...