martes, 16 de mayo de 2017

OS SUPERLECTORES DO MES DE ABRIL



HUGO - 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL



Entre os máis cativos foi premiado como gran lector do mes, Hugo de 6º de Educación Infantil. Hugo  define a biblioteca como un espazo onde hai moitos contos e no que hai que estar caladiños para non molestar. O seu conto preferido é: “ Barba Azul”.
O recuncho favorito de Hugo para ler un conto  é o seu salón porque di que alí hai moito espazo.  Tamén nos contou durante a entrevista que xa sabe ler en maiúsculas e que lle encanta ler ao carón da súa nai.



LEIRE -  1º PRIMARIA A


Durante a entrevista Leire contounos que o seu conto favorito é: “Corre, corre, cabaciña”.   
 A Leire encántalle ler polas tardes na súa habitación e se se trata de historias de medo, mellor que mellor.
Leire tamén nos contou que frecuenta a biblioteca na hora do patio e que acude para ler, levar libros e facer debuxos.

HÉCTOR -  2º C PRIMARIA




Héctor quedou sorprendido, contounos que non imaxinaba que volvería a ser galardoado como superlector de novo. Pois o ano pasado, de xeito moi merecido, tamén foi premiado.
Entre os seus contos favoritos están os de Scooby Doo, gústanlle xa dende ben pequeniño.
Cóntanos que ten un estante cheo de libros e que segue aumentado a súa colección sempre que cumpre anos. E é que..que mellor agasallo que un conto?
Xa para finalizar, Héctor cóntanos que lle gusta moito a lectura porque os contos son como vivir  unha pequena aventura.

ÓSCAR -  6º B

Por último, entre os maiores do colexio foi nomeado superlector,Óscar. Ao comezo da entrevista contounos que tiña moitas ganas de ser un dos grandes superlectores e sabía que algún día o conseguiría.
A Óscar encántalle especialmente a aventura e a acción; pero tamén lle gustan os cómic, sobre todo os de Mortadelo e Filemón. A súa afección polo cómic comezou cando o seu pai lle comprou un.  Parecéronlle tan divertidos que dende aquela comezou a integralos na súa lista de favoritos.
 De feito afirma que leu todos os de BAT PAT que están na biblioteca.
Entre os seus contos favoritos quixo destacar “ A illa do tesouro”.
E xa por último,  contounos que normalmente le no seu cuarto de noite porque lle relaxa moito e considera que é unha boa maneira de acabar o día. Tras estas palabras e despois dos sentimentos transmitidos durante a entrevista, non se nos ocorreu outra cousa que preguntarlle se algunha vez soñara con ser escritor.  E a súa resposta foi afirmativa, de feito contounos un segredo. Está escribindo un libro pero tan só leva tres follas porque polo de agora cos estudos  non ten moito tempo...pero cree que no verán terá tempo dabondo para continuar a súa historia.


Moitas gracias aos catro por compartir connosco un pequeno ratiño na biblio de Piticán e regalarnos o máis bonito de vós, o voso sorriso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario