O venres 9 de xuño, o CPI Julia
Becerra Malvar convidou aos nenos e nenas de 5 anos do CRA de Ribadumia para asistir a unha
convivencia cos nenos de 6º de Educación Infantil.
A meirande parte deles incorporaranse ao noso centro o vindeiro curso. Por iso, consideramos necesario unha
primeira toma de contacto co centro e cos seus futuros compañeiros e compañeiras, antes do inicio do novo curso escolar.
Ao longo desta mañá, entre outras
actividades propostas, asistiron a un contacontos dirixido por Chema Heras.
Os nenos e nenas divertíronse moito, especialmente co conto : “
Cando Martiño tivo que mexar na noite de reis”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario