domingo, 18 de junio de 2017

OS LECTORES DO MES DE MAIO



Velaquí os superlectores do mes de maio.

 Entre os máis cativos o equipo da biblioteca nombrou a Iria Chavez Martínez de 6º de Educación Infantil A.


Durante a entrevista que lle fixemos a Iria, contounos que  sí esperaba ser nomeada como unha gran lectora porque afirma que lle gusta moito ler. O seu lugar preferido para ler un conto é a cociña ou o salón.  Entre os  seu contos favoritos quixo destacar principalmente : “La ratita presumida”. E xa para rematar Iria comentábanos a gran importancia de ler todos os días aínda que sea tan só un ratiño, pois asegura que aqueles que non o fan serán uns burros. 

O segundo superlector foi Gustavo González Martínez de 2º C. 


Gustavo púxose moi contento ao recibir a noticia. Durante a súa entrevista nomeounos numerosos contos que ten como favoritos. Entre eles quixo destacar “ Capitán Calabrote” e   todos os de Gerónimo Stilton .  Tamén nos contou que os Reis Magos lle trouxeran o conto “ O apalpador e as castañas máxicas” e que lle gustara moito.
A Gustavo gústalle moito ler no seu cuarto antes de ir a durmir porque lle relaxa.
E quere animarvos a todos aqueles que detestades a lectura a que vos somerxades nunha historia e a vivades como se forades os protagonistas. Pois Gustavo considera que un libro é como unha aventura.

A terceira superlectora foi Adriana Figueira Dopazo de 3º B


Adriana estaba moi contenta, tiña moitas ganas de que o equipo da biblio a nomeara superlectora. Afirmaba que durante o mes de maio lera 9 libros.
A Adriana encántalle os contos de aventura como os de Gerónimo Stilton  e Tea Stilton. Á hora de escoller un conto fíxase no número de páxinas que ten e nas ilustracións.
O espazo que ela escolle para ler e no seu cuarto. Tamén nos contou que asiste a biblioteca todos os luns, mércores e venres. 
 E por último a súa mensaxe para todos vós é: Animádevos a ler, hai contos divertidos. Só tedes que animarvos a pasar pola biblio de Piticán”

Para rematar, entre os maiores foi nomeada superlectora Alba Bernárdez Gómez.




 Alba comentábanos que non o esperaba, que lle sorprendera moito.
Fai dous anos encantábanlle os contos de Scooby- Doo; pero anos despois, unha compañeira, Iria, recomendoulle que lera os de Gerónimo Stilton e os de Bat Pat.
Encántalle ler relaxada no seu sofá polas noites ou polas tardes. Alba cre que é moi interesante ler porque aprendes tamén a escribir.


Noraboa aos catro! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario