domingo, 22 de octubre de 2017

DONTEST DA PROFE ANA

A profe Ana, cordinadora da biblio de Piticán, respostou ás preguntas do noso dontest. Curiosiños e curiosiñas aquí tedes a entrevista!




  Lembras quen te ensinou a ler?
Si, claro que me lembro. Foi a miña mestra en 5 anos. Chamábase Inma e creo que me fixen mestra por ela.

Cal foi o primeiro libro que liches?
Diso si que non me acordo porque era moi pequena, pero probablemente algún clásico de Disney, como a Cincenta, que me encantaba.

 Cal é o teu libro favorito?
Que pregunta máis difícil!!! Son moitos!!!
Se teño que escoller un, creo que sería La casa de los espíritus de Isabel Allende, que lin en castelán cando era adolescente. O meu padriño tiña unha edición moi antiga dese libro. Na portada había un debuxo, onde se vía unha rapaza cunha longa melena de cor verde. Chamoume moito a atención, lino e encantoume.

  Cal foi o último libro que liches?
En la oscuridad de Antonio Pampliega e, agora mesmo, estou lendo El misterio de las cabras y las ovejas de Joanna Cannon. Son dous libros moi diferentes.

 Prefires libros físicos ou e-books? Por que?
Prefiro os libros físicos porque me encanta como cheiran os libros novos, o tacto das páxinas, o feito de entrar na libraría e escoller ese que vou levar para a casa... Inda que recoñezo que o e-book é máis práctico, por exemplo, para levalo no bolso.

Cantas horas les á semana?
Non sabería dicir. Depende da época. Nas vacacións leo moitísimas horas á semana por entretemento e durante o curso leo menos horas por entretemento e máis por traballo.

  Que é un libro para ti?
Para min é unha maneira de distraerme, de relaxarme, de formarme, de reflexionar; algo máxico, que se non existise habería que inventar.

 Para rematar, un lugar e un momento para ler?
Leo en todas partes e a todas horas, non o podo evitar ja,ja,ja.




No hay comentarios:

Publicar un comentario