viernes, 16 de febrero de 2018

VELAQUÍ OS MELLORES LECTORES DO MES DE XANEIRO! NORABOA!








ADRIÁN – 3ANOS

1.Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
O colexio.
2. Cales son os teus contos favoritos?
“O monstro de cores”
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de animais.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
O Rei León
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Miro as páxinas e xa me lembro.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No Monstro de cores.
7. Gustaríache ser escritora?
Si.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Non.
9. Quen che conta os contos?
Mamá e papá
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome na portada.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Moi contento.

NIKOL -2º PRIMARIA 

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na miña habitación.
2. Cales son os teus contos favoritos?
O de Cincenta.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de animais e os de aventuras.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Cincenta porque é moi guapa.
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marcapáxinas
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
En todos, cada libro é máxico.
7. Gustaríache ser escritora?
Sí, gústame moito escribir.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Sí, aínda onte estiven escribindo un conto.
9. Quen che contaba contos cando eras pequena?
O meu pai.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome na portada.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Alegre

DANIELA- 4º PRIMARIA
1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na cama.
2. Cales son os teus contos favoritos?
Zipi e Zape.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de medo.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Mafalda.
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marcapáxinas
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No de Peter Pan.
7. Gustaríache ser escritora?
Si.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Non.
9. Quen che contaba  contos cando eras pequena?
Os meus pais.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome na portada  e miro tamén o interior.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Moi contenta de volver a selo. 



LAURA- 5º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na biblioteca.
2. Cales son os teus contos favoritos?
Diario de Nikki.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de aventuras.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
"La cocina de los monstruos"
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marcapáxinas
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No de Peter Pan.
7. Gustaríache ser escritora?
Si.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Sí, estou escribindo un conto.
9. Quen che contaba  contos cando eras pequena?
Os meus pais.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Leo o  resumo que traen.
11. Como te sentiches  
ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Moi ben.


sábado, 10 de febrero de 2018

Encontro de Ledicia Costas cos alumnos do Julia Becerra Malvar






A  escritora viguesa, Ledicia Costas, mantivo esta semana un encontro cos alumnos da ESO do noso colexio. O encontro realizouse no Auditorio de Ribadumia.

Os estudantes leran previamente tres obras de Costas: "Escarlatina, la cocinera cadáver", "Esmeraldina, a pequena defunta" e "Jules Verne, e a vida secreta das mulleres planta", polo que puideron facerlle preguntas e comentarios sobre estas obras en concreto. 



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2018/02/08/alumnos-julia-becerra-fans-escritora-ledicia-costas/0003_201802A8C6991.htm